InicioSOCIEDADEPrisión provisional para os dous acusados do homicidio da Praza de Abastos

Prisión provisional para os dous acusados do homicidio da Praza de Abastos

O terceiro home citado a declarar, que presenciou a agresión pero non interveu, quedou en liberdade sen medidas

Publicado o

Xornal de Compostela

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, Ana López Suevos, decretou prisión provisional comunicada e sen fianza acusados dun delito de homicidio, para os dous homes supostamente implicados na liorta que ocasionou na madrugada do martes a morte do placeiro Antonio Costa. Os dous homes, que permanecían detidos desde o día dos feitos, pasaron á primeira hora da mañá deste xoves a disposición xudicial. Tamén foi citado a declarar un terceiro detido, que presenciou o feitos pero que non estivo directamente implicado na pelexa, tanto de acordo co seu testemuño como co do vixiante de seguridade da Praza de Abastos.

Para os dous principais acusados, a xuíza decretou o ingreso en prisión, mentres que o terceiro implicado, que quedou en liberdade xa en sede policial, quedou en liberdade sen medidas. Tanto Fiscalía como a acusación particular, que exerce a familia de Antonio Costa, pediran a medida de prisión provisional para os dous homes que, segundo a testemuña presencial, participaron na pelexa,.

O letrado da familia, Francisco Méndez, sinalou, en declaracións aos medios, que “hai contradicións” nas súas declaracións, nas que se acusan mutuamente, e existe “risco de fuga”. A terceira persoa inicialmente detida, pola súa banda, “non tivo intervención nos feitos”, aínda que si acompañaba aos outros dous detidos no momento do crime. “Ao parecer, quedou un pouco máis atrás”, dixo o letrado. As partes pediron que se manteña a súa situación de liberdade, como así ratificou a xuíza.

O crime ocorreu na madrugada do martes, cando o carniceiro Antonio Costa acudía como cada día a traballar no seu posto na praza. A principal hipótese apunta a que o home chamou a atención a un grupo de tres novos que volvían de festa e, como consecuencia, iniciouse unha liorta entre dous deles e a vítima, no transcurso da cal lle golpearon en varias ocasións. O home faleceu no mesmo lugar dos feitos.

As forzas de seguridade detiveron o mesmo martes tanto aos dous acusados principais como ao terceiro home que presenciou os feitos, que logo foi posto en liberdade. Ademais, chegou a ser identificada polos apresados unha cuarta persoa que estivera esa noite con eles pero que, segundo púidose comprobar no transcurso da investigación, non se atopaba na Praza de Abastos cando ocorreu o crime. O informe preliminar da autopsia apunta a que Antonio Costa morreu dun golpe na cabeza e que presentaba outras lesións, con todo, aínda se está á espera do informe definitivo que permita clarificar con máis precisión o ocorrido.

CONSTERNACIÓN ENTRE A FAMILIA

Ata os xulgados composteláns desprazáronse á primeira hora da mañá familiares da vítima visiblemente afectados. En concreto, a súa filla, Gloria Costa, falaba ás cámaras da TVG para pedir “que se faga xustiza” para o seu pai e que os implicados na súa morte non queden “impunes”. “Mataron a unha familia enteira, teño que verlles a cara e dicirlles que acabaron cunha familia enteira”, dixo a filla da vítima, entre bágoas e visiblemente afectada. “É unha pena moi grande, que unha persoa tan querida, tan respectada e tan traballadora, que acaben así coa súa vida… Non hai dereito. Que veñan dous maleantes e arrebátenlle a vida, iso non pode ser”, engadiu. Ao finalizar a dilixencia, o seu avogado tamén quixo agradecer a todos os composteláns as súas mostras de apoio á familia e pediu “deixar que traballen” os investigadores para “que haxa xustiza”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...