InicioSOCIEDADEBuscan en Santiago aos herdeiros dunha muller falecida en Barcelona en 2016

Buscan en Santiago aos herdeiros dunha muller falecida en Barcelona en 2016

Trátase dos herdeiros de Rosa García Guimó, unha muller que morreu sen descendencia, e sen deixar testamento

Publicado o

Xornal de Compostela

A Dirección de Patrimonio da Generalitat de Cataluña busca en Santiago aos posibles herdeiros de Rosa García Guimó, unha muller que morreu sen descendencia, e sen deixar testamento, en 2016 en Barcelona. Segundo recolle o edicto publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago, a muller faleceu o 10 de novembro de 2016 sen deixar testamento e sen herdeiros coñecidos. O seu último domicilio foi en Barcelona.

Durante as actuacións preliminares para verificar se a Generalitat ten dereitos sucesorios sobre esta herdanza, ao Goberno catalán tivo coñecemento de que, a pesar de que Rosa García Guimó naceu en Barcelona en 1926, o seu avó paterno (José García Gallego) e as súas tías paternas (Josefina e María Luisa García Tenreiro), eran naturais de Santiago de Compostela. De acordo coa lexislación vixente en Cataluña en materia de sucesións, a Generalitat sucede en último lugar ás persones con veciñanza civil catalá a falta de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou de adopción, e do cónxuxe viúvo ou do conviviente en parella estable.

Para descartar a posible existencia de familiares desta persoa ata o cuarto grao en Santiago, que puidesen ostentar dereitos de herdanza, procedeuse a abrir o prazo dun mes, a contar desde este martes, para que calquera posible familiar presente alegacións ou achegar información, documentos ou outros elementos de xuízo, ante a Dirección Xeral do Patrimonio da Generalitat de Cataluña, no teléfono 933 162 127 ou mediante correo electrónico a herencies.eco@gencat.cat.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...