InicioSOCIEDADEECAI 2024, o congreso máis importante de Europa en IA, encherá a...

ECAI 2024, o congreso máis importante de Europa en IA, encherá a capital galega de actividades entre o 19 e o 24 de outubro

As actividades darán inicio o vindeiro luns e estarán distribuídas por distintos puntos da cidade, sendo de carácter gratuíto e abertas ata completar aforamento, sen necesidade de inscrición previa.

Publicado o

Xornal de Compostela

A capital de Galicia prepárase para acoller, entre os días 19 e 24 de outubro, á elite científica en Intelixencia Artificial IA), segundo informou a Universidade de Santiago de Compostela (USC). A celebración da European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024) (o congreso máis importante de Europa no ámbito, e un dos tres de referencia no mundo) converterá Compostela en capital mundial da IA. A USC informou de que o evento conta xa con máis de 1.600 persoas rexistradas.

En paralelo aos labores de coordinación como institución responsable deste encontro, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) programou a ‘Semana da cidadanIA’, unha serie de encontros abertos co obxectivo de aproveitar “a oportunidade histórica desta conferencia para achegar a IA ao público xeral”. As actividades darán inicio o vindeiro luns e estarán distribuídas por distintos puntos da cidade, sendo de carácter gratuíto e abertas ata completar aforamento, sen necesidade de inscrición previa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...