InicioSOCIEDADEUn alumno dun centro de FP da capital enfróntase a catro anos...

Un alumno dun centro de FP da capital enfróntase a catro anos de prisión por un delito contra a saúde pública

Os axentes realizaron un rexistro superficial ao agora acusado no que lle atoparon no peto interior esquerdo da súa cazadora unha bolsa de plástico que contiña 50 pastillas de MDMA, cun peso total de 20,27 gramos, que o acusado posuía para distribuír a terceiros. Tamén lle incautaron 0,37 gramos de cannabis e 9,63 gramos de haxix

Publicado o

Xornal de Compostela

A Audiencia da Coruña, na súa sede en Santiago, xulgará o vindeiro venres a un alumno dun centro de FP compostelán que se enfronta a catro anos de prisión por posesión de MDMA, cannabis e haxix. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse o 10 de novembro de 2022 cando axentes da Policía Nacional, en funcións de prevención do menudeo de sustancias estupefacientes nas inmediacións de centros de ensino, aproximáronse a un grupo de alumnos deste centro que se atopaban nun descanso entre clases.

Deste xeito, realizaron un rexistro superficial ao agora acusado no que lle atoparon no peto interior esquerdo da súa cazadora unha bolsa de plástico que contiña 50 pastillas de MDMA, cun peso total de 20,27 gramos, que o acusado posuía para distribuír a terceiros. Así mesmo, incautáronlle 0,37 gramos de cannabis e 9,63 gramos de haxix que portaba na súa mochila. Constituíndo así un delito contra a saúde pública. Por iso, o Ministerio Público solicita catro anos de prisión, a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo e unha multa de 1.114 euros cunha responsabilidade persoal subsidiaria de 3 meses para caso de falta de pagamento.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...