InicioSUCESOSRouban a plena luz do día portas e xanelas dun local público...

Rouban a plena luz do día portas e xanelas dun local público de Vedra

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro (Ames) investigou a dous homes, veciños da Coruña de 21 e 22 anos de idade, como presuntos autores dun delito de furto, polo roubo de varias portas e xanelas instaladas nun local de titularidade municipal e uso público, situado na parroquia de San Xulián de Sales, no municipio de Vedra.

Segundo explican nun comunicado, os feitos remóntanse ao pasado 26 de xaneiro, cando en plena luz do día foron subtraídas varias portas de dobre folla e xanelas de aluminio lacado, valoradas en conxunto en 12.000 euros.

A denuncia foi interposta dous días despois, o 28 de xaneiro, no Posto da Garda Civil de Lestedo, o que deu inicio a unha investigación conxunta entre ambas as unidades. Durante o transcurso das dilixencias, os axentes realizaron distintas actuacións de investigación para o esclarecemento dos feitos. Grazas a estas xestións, foi posible identificar o vehículo utilizado para o transporte dos obxectos subtraídos.

A identificación dos usuarios habituais do mesmo — distintos do titular do vehículo- – supuxo unha dificultade engadida, pero permitiu finalmente sinalar aos presuntos autores. Ambos os individuos foron localizados e citados para comparecer en dependencias da Garda Civil en Milladoiro, onde prestaron declaración en calidade de investigados. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso por Vedra

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na AP-53, ao seu...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...