InicioSANTIAGOTEOA Xunta e o Concello de Teo colaboran para dotar ao municipio...

A Xunta e o Concello de Teo colaboran para dotar ao municipio dun centro de día e vivenda pública

Alfonso Rueda e Lucía Calvo acordaron proxectos que inclúen a construción de 21 inmobles protexidos e a mellora do CEIP Os Tilos

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acordaron colaborar para dotar ao municipio dun centro de día para maiores e vivenda pública, segundo informaron tras unha reunión mantida entre ambas as dúas partes. Este acordo responde á necesidade de ampliar os servizos sociais e de vivenda no concello coruñés.

Durante o encontro, Rueda manifestou o compromiso da Xunta de dotar a Teo deste novo centro de día, destacando que ambas administracións levan meses traballando xuntas para atopar a mellor localización e avanzar no proxecto. O obxectivo é que a posta en marcha do centro se faga realidade o antes posible.

Ademais, a alcaldesa de Teo anunciou a cesión dunha parcela na zona das Galanas para a construción de 21 vivendas protexidas, dirixidas a facilitar o acceso á vivenda aos veciños do municipio.

Por outra banda, o presidente da Xunta confirmou que o goberno autonómico destinará 350.000 euros para a realización de obras de mellora no CEIP Os Tilos, que inclúen o cambio da cuberta do centro educativo, mellorando así as súas instalacións.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

O BNG de Teo denuncia que o Goberno de Lucía Calvo deixou sen executar tres millóns de euros en investimentos durante 2025

O BNG de Teo denunciou que o Goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...