InicioSOCIEDADEVeciños de Cacheiras saen á rúa contra a planta de residuos e...

Veciños de Cacheiras saen á rúa contra a planta de residuos e alertan do perigo do tráfico pesado

A plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras Aldeas Limpas reúne a decenas de persoas nunha andaina reivindicativa para denunciar o impacto viario, ambiental e acústico dunha instalación que consideran incompatible coa contorna e coas vivendas próximas

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de veciños participaron este sábado na andaina reivindicativa convocada pola Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras Aldeas Limpas, que partiu desde o parque infantil da Torre para percorrer as pistas que rodean o terreo onde se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos da construción. Tal e como trasladou a plataforma nunha nota de prensa, durante o percorrido realizáronse paradas nas entradas aos terreos de Escavacións Midón e nas vivendas máis próximas, onde se puideron ver pancartas de oposición á instalación da planta colgadas en fachadas e valados.

“O principal obxectivo foi evidenciar sobre o terreo as dimensións e características das pistas da contorna, estreitas e de difícil tránsito, nas que non é posible o paso simultáneo de dous vehículos, e moito menos se un deles é un camión de grandes dimensións”, explicaron desde a directiva da plataforma. Así, sinalaron que os veciños advertiron do “grave risco” para a seguridade viaria que suporía este incremento do tráfico pesado, así como da “deterioración acelerada” que sufrirían estas vías, que constitúen os únicos accesos ás vivendas da zona.

Durante a mobilización, a plataforma puxo tamén o foco no impacto ambiental e na saúde das persoas, facendo fincapé no po en suspensión que xeraría a actividade da planta e no ruído constante das máquinas e dos propios camións durante o seu tránsito. Por todo iso, reiteraron a súa petición ás distintas administracións para que se despracen ao lugar e “coñezan de primeira man a realidade da contorna e os prexuízos que esta instalación causaría ás vidas dos veciños”.

Así mesmo, informaron de que a Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular acaba de convocar a plataforma a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres 24 de abril. A ese encontro acudirán, segundo explicaron, “coa vontade de trasladar estas preocupacións e coa esperanza de que a administración autonómica revise o proxecto e denegue a autorización”.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...