InicioPOLÍTICAO BNG leva ao Parlamento a problemática da planta de residuos en...

O BNG leva ao Parlamento a problemática da planta de residuos en Cacheiras

Publicado o

Xornal de Compostela

A oposición veciñal á localización en Cacherias, no municipio coruñés de Teo, dunha planta de tratamento de residuos da construción nunha zona con vivendas moi próximas chegará ao Parlamento de Galicia a través dunha batería de iniciativas impulsadas polo BNG, que reclama á Xunta “reiniciar” o proceso de avaliación de impacto ambiental.

Mediante unha proposición non de lei e preguntas tanto en comisión como no pleno da Cámara galega, o BNG incluirá en debate parlamentario a oposición veciñal a un proxecto industrial que xerou protestas, a última delas este sábado, cando a Plataforma Stop Planta de Residuos Cacheiras-Aldeas Limpas convocou unha camiñada reivindicativa.

O BNG expresou o seu respaldo á acción de protesta ao redor dos terreos nos que escavacións Midón quere situar a planta de residuos da construción. Os manifestantes sairán ás 10.00 horas desde o parque infantil da Torre, unha das aldeas máis próximas, xunto con Feros.

PROPOSTAS

Ademais de apostar por volver facer a avaliación ambiental do proxecto, o BNG tamén lle reclama á Xunta que se reúna “de maneira inmediata” con representantes da Plataforma Stop Planta de Residuos Cacheiras-Aldeas Limpas, que xa solicitaron unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente. A deputada nacionalista Saleta Chao subliña que a localización da planta de Midón “próxima ás casas e a un centro educativo” preocupa aos veciños, que “teñen dereito a que a Xunta escoite as súas demandas, dialogue e garanta unha localización que non provoque prexuízo para a súa vida”.

Pola súa banda, o portavoz do BNG en Teo, Eloi Devesa, tacha de “auténtico despropósito” o proxecto, xa que “provocaría ruído constante, po en suspensión e tráfico pesado por pistas inadecuadas”. “Unha condena para o rural, que se está vendo ameazado diante da parálise do goberno municipal, que nin informou á veciñanza nin presentou alegacións nin se acudiu no expediente, é dicir, abandonaron aos veciños”, expón en referencia ao concello gobernado con maioría absoluta polo PP.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...