InicioSUCESOSExcarcerado e hospitalizado un home tras chocar contra unha árbore en Teo

Excarcerado e hospitalizado un home tras chocar contra unha árbore en Teo

Os feitos tiveron lugar na pasada medianoite

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home resultou ferido despois de que o vehículo no que circulaba pola estrada DP-6502, no municipio coruñés de Teo, chocase contra unha árbore. Os feitos, segundo informou o 112, sucederon pasadas as 00:00 na parroquia de Lampai. Nese momento, un particular alertou á central de emerxencias deste sinistro, sinalando que a persoa que viaxaba no interior do turismo era incapaz de saír do habitáculo.

Con estes datos, os operadores da central de emerxencias solicitaron a colaboración do 061, do GES de Padrón e da Garda Civil de Tráfico. Xa no lugar, os membros do GES confirmaron que o implicado estaba consciente, pero atrapado no vehículo. Así, detallaron que tiveron que empregar material de excarceración para retirar as portas e o maleteiro. A continuación, o ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...