InicioSUCESOSUn accidente en Teo, na AP-9 dirección Santiago, provoca retencións e deixa...

Un accidente en Teo, na AP-9 dirección Santiago, provoca retencións e deixa un ferido grave

O suceso produciuse ás 7:30 horas entre os quilómetros 78-79 da AP-9

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha colisión entre un turismo e un camión provocou este venres retencións de varios quilómetros na AP-9 sentido Santiago, á altura de Calo, en Teo. Hai un ferido grave.

Segundo informaron fontes sanitarias e de seguridade, o suceso produciuse ás 7.30 horas entre os quilómetros 78-79 da AP-9 e, aínda que nun primeiro momento, deuse o aviso de que un dos ocupantes do coche necesitaría ser excarcerado, finalmente foi liberado polo persoal sanitario.

Este home, de 33 anos, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago nunha ambulancia de soporte vital avanzado. O 061 enviou ademais outra ambulancia de soporte vital básico. Ao lugar desprazáronse, ademais do 061, os bombeiros de Boiro, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Brión e a Policía Local.

As retencións prolongáronse durante máis dunha hora con máis dous quilómetros de cola, segundo informou a Dirección Xeral de Estradas (DGT).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...