InicioSANTIAGOTEORueda comprométese a impulsar os proxectos da Xunta en Teo durante esta...

Rueda comprométese a impulsar os proxectos da Xunta en Teo durante esta lexislatura

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, enxalzou o traballo da alcaldesa de Teo (A Coruña), Lucía Calvo, e ha comprometeuse a facer realidade, ao longo desta lexislatura, os proxectos que a Xunta ten en marcha neste concello con "moitísimo futuro".

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Alfonso Rueda, comprometeuse este sábado a facer realidade os proxectos da Xunta en Teo ao longo da actual lexislatura. Durante a reunión anual do PP local, Rueda destacou o traballo da alcaldesa, Lucía Calvo, á fronte do goberno municipal e afirmou que o concello ten “moitísimo futuro”.

No encontro, no que tamén participaron o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, e o presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, Rueda sinalou que en Teo “respírase outro ambiente” dende hai dous anos e que o concello necesitaba “un revulsivo para saír da parálise na que estaba”.

O líder do PP galego eloxiou a alcaldesa, asegurando que é unha persoa que “non acepta un non por resposta” e que “o único que quere é protagonismo para o concello que goberna”.

Pola súa banda, Diego Calvo destacou a “dificultade” de recuperar a alcaldía dun concello e felicitou a agrupación local polo traballo realizado. Segundo explicou, o PP en Teo está a desenvolver un “proxecto de estabilidade e seriedade” pensado en exclusiva para os veciños.

O presidente provincial tamén sinalou que o concello está agora “apartado de leas de tripartidos” e diferenciouno dos gobernos anteriores conformados por BNG, PSOE e mareas, asegurando que estes son “os modelos de goberno que os galegos rexeitan dende hai anos”.

No acto tamén estiveron presentes a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, entre outros cargos do partido. O encontro serviu como unha reafirmación do compromiso da Xunta co concello e coa continuidade dos proxectos en marcha.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...