InicioSANTIAGOBRIÓNMiranda traslada a veciños de Brión o apoio para denunciar na Eurocámara...

Miranda traslada a veciños de Brión o apoio para denunciar na Eurocámara o proxecto dunha balsa

Afirmou facer por presentar unha denuncia na Comisión de Peticións da Eurocámara.

Publicado o

Xornal de Compostela

A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, mantivo un encontro cos veciños afectados polo proxecto de construción da macrobalsa en Brión, aglutinada na Plataforma Non a Balsa Cornanda-Tambre, á que mostrou o total apoio do Bloque para presentar unha denuncia na Comisión de Peticións da Eurocámara.

No encontro, do que informou o BNG nun comunicado, a europarlamentaria agradeceu á plataforma a defensa de “a súa terra, os seus recursos, a súa auga e a súa natureza”, á vez que destacou que “nace fronte a un proxecto que quere expoliar as súas terras e que ten falta de seguridade”. E é que, conforme dixo, a balsa prevista para a central hidráulica de Cornanda ocuparía unha superficie de 35 hectáreas e sitúase preto dos núcleos de poboación e na proximidade da Rede Natura.

Segundo explicaron as representantes da Plataforma no encontro, a construción da central significaría a desaparición de 36 explotacións agrarias e gandeiras xa que o 48% dos terreos necesarios para a balsa son de uso agrícola. “A desaparición destas explotacións, que xa contan con substitución xeracional, sería un golpe económico para esta comarca”, denunciaron.

FALTA DE TRANSPARENCIA

Ademais destes problemas derivados dos riscos que a balsa pode ter para as casas, tamén criticaron a falta de transparencia coa que se xestionou o proxecto, ao non facilitar información aos veciños afectados.

“Este é outro dos aspectos que se poden denunciar na Comisión de Peticións do Parlamento europeo”, indicou a eurodeputada do BNG, que puxo como exemplo outros casos que o BNG apoiou na Eurocámara, como as preferentes e as enfermeiras en loita.

Pola súa banda, o concelleiro do BNG de Brión, Xosé Penas, ademais de agradecer a Ana Miranda a súa dispoñibilidade para manter o recuentro, destacou a importancia de “darlle voz, unha vez máis, ás reivindicacións da Plataforma Non a balsa da Cornanda”.

“Desde o BNG de Brión agradecemos enormemente o esforzo da nosa compañeira en poder facer chegar as xustas reivindicacións despois de que desde as institucións máis próximas (Xunta e Concello) non teñamos máis que demoras e escusas para as achegas deste grupo e dos veciños da Cornanda”, trasladou.

Así, apuntou que os veciños seguen esperando “un maior esforzo” en canto ao apoio necesario tanto xurídico como a nivel de axuda técnica e máis despois da declaración institucional aprobada no pleno de decembro derivada dunha moción previa do BNG”, xa que o compromiso de axuda e de esforzos para revogar calquera proxecto de construción do impacto múltiple que pode ter esta balsa “polo momento non se ve proxectado en feito feitos concretos”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...