InicioSANTIAGOBRIÓNA Xunta e o Concello de Brión acordaron mellorar as infraestruturas educativas...

A Xunta e o Concello de Brión acordaron mellorar as infraestruturas educativas do municipio

As actuacións inclúen reformas no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos e melloras no IES de Brión para facilitar o transporte e uso de espazos escolares

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, alcanzaron un acordo para mellorar as infraestruturas educativas no concello de Brión. O acordo establece compromisos específicos entre ambas administracións, formalizados nun acordo marco que recolle as responsabilidades de cada parte.

Dentro das medidas acordadas, a Xunta de Galicia asumirá a contratación dun proxecto de reforma sectorial no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, en resposta ás necesidades expresadas polo Concello. Ademais, cederase unha parte da parcela do colexio para a construción dunha dársena de autobuses, co obxectivo de mellorar o servizo de transporte escolar para o alumnado.

No caso do IES de Brión, o Concello comprométese a cubrir os laterais do patio cuberto, mentres que a Xunta facilitará o uso compartido deste espazo fóra do horario lectivo, ofrecendo así un novo lugar de encontro para actividades comunitarias e eventos promovidos pola administración local.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...