InicioSANTIAGOAMESAs obras na N-550 no Milladoiro reducirán o tráfico a un carril...

As obras na N-550 no Milladoiro reducirán o tráfico a un carril por sentido

O Ministerio de Transportes inicia os traballos de humanización en Ames, que durarán ata finais de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou que as obras de humanización da estrada N-550, á súa altura polo municipio de Ames, comezarán o vindeiro luns. Segundo o comunicado oficial, os traballos afectarán á travesía de Milladoiro, entre os puntos quilométricos 67 e 68,600.

As obras, que teñen como obxectivo mellorar a seguridade e as condicións da estrada, implicarán a reducción de dous carrís a un só por sentido de circulación nas zonas afectadas. Esta medida, que comezará a aplicarse a partir das 08:30 horas do luns, busca garantir a seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios da vía.

A pesar das restricións, a travesía manterase aberta ao tráfico, aínda que con limitacións. Para minimizar os atascos e garantir a fluidez, o Ministerio habilitará itinerarios alternativos que estarán debidamente sinalizados. Estímase que os traballos poidan prolongarse ata finais de 2025.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...