InicioPOLÍTICAO alcalde de Ames destaca a "valentía e responsabilidade" dos edís composteláns

O alcalde de Ames destaca a “valentía e responsabilidade” dos edís composteláns

O rexedor subliña que a "política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade" e "non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, puxo en valor a “valentía” e “a responsabilidade” que, ao seu xuízo, mostraron os seis edís do PSOE compostelán e defendeu o diálogo fronte ao “ordeno e mando”.

“Esta tarde os compañeiros e compañeiras do Grupo Municipal de Santiago mostraron a súa valentía, pero sobre todo a súa responsabilidade e o sentido común votando a favor dunha política de vivenda que xa defenderan cando foron goberno”, sostivo nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social ‘X’. O rexedor subliña que a “política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade” e “non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos”.

“Que difícil é entender que na política hai que ser responsable e que non é un xogo de quítate ti para porme eu!“, asegura o alcalde en referencia ao conflito aberto no PSOE compostelán despois de que o seis edís desacatasen a orde da dirección local de absterse no voto da ordenanza que regula a comunicación das vivendas de uso turístico. Co apoio dos concelleiros socialistas, que agora se expoñen a medidas disciplinarias do partido, a medida saíu adiante.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...