InicioSANTIAGOAMESSanidade conclúe que o brote de gastroenterite en Ames foi causado por...

Sanidade conclúe que o brote de gastroenterite en Ames foi causado por norovirus e non por unha contaminación no comedor

A Consellería de Sanidade concluíu que o brote de gastroenterite rexistrado en colexios de Ames (A Coruña) debeuse a contagios de norovirus, polo que se descarta a hipótese dunha contaminación alimentaria no servizo de comedor.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Sanidade concluíu que o brote de gastroenterite rexistrado en colexios de Ames debeuse a contaxios de norovirus, polo que se descarta a hipótese dunha contaminación alimentaria no servizo de comedor.

Segundo traslada Sanidade, as análises das mostras de alimentos tomadas a semana pasada e a comezos desta non permitiron detectar contaminación microbiolóxica.

Ademais, a inspección de saúde pública realizada no comedor no CEP de Ventín, epicentro deste brote que tamén afectou ao Agro do Muíño, non permitiu achar ningunha deficiencia neste servizo xestionado polo Concello.

Por tanto, a hipótese actual de Sanidade, tras a realización de coprocultivos —análise das feces dos pacientes—, é que este brote con ao redor dun centenar de afectados debeuse, probablemente, a contaxios de persoa a persoa de norovirus.

Con todo, non se notificaron casos novos en catro días, desde que o luns a cifra de afectados chegaba aos cen. Ningún deles tivo sintomatoloxía grave nin requiriu hospitalización.

Xa o luns o Concello de Ames, tras reunirse con representantes de Sanidade, acordara manter o normal funcionamento dos comedores escolares.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

O PP abre a campaña das xerais en Santiago e Verea chama a mobilizar o partido

O Partido Popular abriu esta noite en Santiago de Compostela a campaña das eleccións...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O festival de cinema infantil de Ames programa dúas retrospectivas sobre ciencia e cinema o 14 e o 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, incluídas no abono de 3 euros.

O BNG de Ames inicia unha campaña para documentar os cortes de luz que afectan á veciñanza

O BNG de Ames puxo en marcha unha campaña de recollida de información sobre...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...