InicioSUCESOSDetido por tres agresións sexuais cometidas no mesmo día no Milladoiro

Detido por tres agresións sexuais cometidas no mesmo día no Milladoiro

O home, de 45 anos, desprazouse desde a provincia de Pontevedra para cometer os delitos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro-Ames detivo a un home, de 45 anos, veciño da localidade pontevedresa de Silleda como presunto autor de tres delitos de agresión sexual realizados no mesmo día no núcleo urbano de Milladoiro.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a investigación comezou en maio tras unha denuncia presentada por unha das vítimas, quen foi abordada de forma sorpresiva e intimidatoria no portal da súa vivenda polo agora detido con fins de índole sexual.

A vítima conseguiu soltarse do agresor e fuxir do lugar para solicitar auxilio e porse a resgardo. Os axentes, tras as primeiras indagacións e a descrición física achegada, determinaron que o agresor repetiu o mesmo patrón delituoso no municipio ese mesmo día en, polo menos, outras dúas ocasións máis.

En todos os casos, o autor aproveitaba situacións de baixa visibilidade na vía pública e a total falta de vinculación previa coas mozas.Os axentes pescudaron que o sospeitoso se desprazou expresamente desde outra provincia para cometer as agresións e, tras iso, regresaba ao seu domicilio.

A operación, denominada ‘Millastalker’, finalizou coa localización e detención do implicado no concello de Silleda , ao que lle imputan tres delitos de agresión sexual. A Garda Civil remitiu os datos e o modus operandi acreditados nesta actuación ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, co obxectivo de cruzar información e colaborar de forma activa no esclarecemento doutros posibles feitos delituosos de idéntica natureza que puidesen quedar rexistrados no territorio nacional.

As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...