InicioSANTIAGOAMESA Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A investigación, desenvolvida coa colaboración da Policía Local de Ames, permitiu recuperar parte dos efectos subtraídos, valorados en máis de 7.000 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e investiga unha terceira pola súa presunta relación con varios delitos contra o patrimonio cometidos no núcleo urbano do Milladoiro. En concreto, atribúenselles supostos delitos de roubo con forza, furto e estafa, segundo informou a Comandancia da Coruña.

A investigación, denominada ‘Operación Quimique’, comezou o pasado mes de marzo, despois de que os axentes detectasen un incremento deste tipo de feitos no Milladoiro. A maior parte dos casos correspondían a roubos con forza no interior de vehículos estacionados en garaxes comunitarios, así como a furtos cometidos tamén nestes espazos.

Segundo as mesmas fontes, os sospeitosos accedían aos aparcadoiros durante a noite, aproveitando a entrada ou saída de vehículos das persoas residentes. Unha vez no interior, subtraían diferentes efectos, entre eles pezas deportivas, documentación persoal, diñeiro en efectivo, dispositivos electrónicos, ferramentas ou bicicletas.

O valor total dos obxectos roubados supera os 7.000 euros, segundo a estimación dos investigadores.

No marco das pescudas, o pasado 16 de maio foi localizado e detido o principal sospeitoso, un home de 36 anos. Tamén foi arrestada a súa parella, unha muller de 19 anos, á que se lle atribúe unha presunta colaboración na venda dos efectos roubados nun establecemento de compravenda de segunda man.

Ademais, a Garda Civil investiga outro home de 23 anos pola súa suposta participación directa na loxística dos roubos. Os investigadores tamén constataron o uso fraudulento dunha tarxeta bancaria subtraída nun establecemento de máquinas expendedoras do Milladoiro, polo que aos implicados se lles atribúe tamén un presunto delito de estafa.

A actuación permitiu recuperar parte dos obxectos roubados, que xa foron devoltos aos seus propietarios. As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...