InicioSOCIEDADEInspección e docentes chegan a un acordo para renovar o equipo directivo...

Inspección e docentes chegan a un acordo para renovar o equipo directivo tras o cesamento do anterior

Na tarde do luns producíronse reunións do inspector co claustro de profesores e co consello escolar do IES para alcanzar un acordo.

Publicado o

Xornal de Compostela

Os servizos de inspección da Xunta reuníronse o luns co claustro de profesores do IES O Milladoiro, en Ames, e alcanzaron un acordo para a renovación da dirección, despois de que a anterior fose cesada polos problemas de convivencia no centro.

Así, espérase que esta semana comece o traballo dun equipo que servirá como ‘ponte’ ata o mes de xullo, para que despois se poida cubrir o equipo a través do proceso ordinario –é dicir, o concurso de dirección– e que teña plenas funcións de face ao próximo curso. Segundo fontes coñecedoras da situación consultadas por Europa Press, na tarde do luns producíronse reunións do inspector co claustro de profesores e co consello escolar do IES para alcanzar un acordo ao redor dos seguintes pasos a dar.

Xa o luns pola mañá, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, confiaba en que a dirección ‘ponte’ poida achegar solucións. Segundo confirmaba el mesmo, no centro producíronse cuestións de convivencia interna, mal comportamento dalgúns alumnos, “problemas entre alumnos”, ademais de “desaxustes internos” no claustro.

O domingo transcendía que a actual dirección do IES O Milladoiro fora cesado tras unha auditoria realizada ao centro educativo, tras meses de mobilizacións nas que participaron profesores, sindicatos, pais e alumnos polos problemas de convivencia.

ÚLTIMAS

Confirmada a sanción de 20.000 euros a Urbaser por incumprimentos do contrato de recollida de lixo

O goberno de Santiago rexeitou o recurso de reposición interposto por Urbaser contra unha...

As Festas do Apóstolo inclúen artistas como Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie

Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie, son algúns dos artistas que...

Nova agresión a estatua de Moncho Reboiras en Santiago

A estatua de Moncho Reboiras, que o Concello de Santiago situou na rúa Carreira...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Detido por tres agresións sexuais cometidas no mesmo día no Milladoiro

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro-Ames detivo a un home, de 45...