InicioSANTIAGOAMESBlas García avanza que a sinatura do convenio de bombeiros entre Santiago...

Blas García avanza que a sinatura do convenio de bombeiros entre Santiago e a Deputación é “inminente”

O alcalde de Ames pide desbloquear o acordo comarcal pendente desde hai dous anos e lembra que o servizo afecta a toda a área metropolitana

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, Blas García, afirmou que a sinatura do convenio entre o Concello de Santiago e o Consorcio Provincial de Bombeiros é “inminente” e que só “faltan uns flocos por pechar”. Así o comunicou tras manter conversas co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen lle confirmou que o acordo se atopa “nun estado avanzado” e próximo a formalizarse.

García fixo estas declaracións ao ser preguntado polos medios sobre a situación do parque comarcal de bombeiros de Santiago, que nas últimas semanas atravesou diversas dificultades de xestión e persoal. O rexedor lembrou que este “non é un problema exclusivo de Santiago, senón que afecta a todos os concellos da área metropolitana” e que “os alcaldes levamos moitísimo tempo reclamando un servizo estable e coordinado”.

O alcalde amesán destacou que a Xunta de Galicia aposta por que sexan as cidades as que asuman a xestión comarcal dos parques, polo que pediu “que o convenio se faga dunha vez”. “Levamos dous anos esperando e, a día de hoxe, aínda non está asinado”, insistiu.

Finalmente, García expresou o seu desexo de que o acordo se concrete canto antes “polo ben da cidadanía da comarca” e para garantir un servizo de emerxencias eficaz e coordinado entre Santiago e os municipios limítrofes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...