InicioSANTIAGOO PP de Santiago propón un programa municipal de atención domiciliaria para...

O PP de Santiago propón un programa municipal de atención domiciliaria para a infancia

"Falamos dun recurso que estaría a disposición das unidades familiares" din desde o PP compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do PP de Santiago Yolanda Otero propuxo a posta en marcha dun programa municipal de atención domiciliaria e de acompañamento á infancia e alegou que a capital de Galicia “debería ser exemplo de cidade preocupada do benestar das familias”.

“Falamos dun recurso que estaría a disposición das unidades familiares con necesidades de conciliación asociadas á organización da vida persoal, familiar e laboral”, explicou.

Otero lembra que unha das funcións dunha Administración local é “dar resposta aos actuais modelos de organización familiar que esixen as necesidades do coidado dos nenos e nenas”, polo que “debe apoiar ás familias compostelás con recursos que favorezan a unha mellor calidade de vida”.

“Desde o PP incidimos na necesidade da creación dun servizo municipal que brinde apoio ás familias no propio domicilio ou fóra do mesmo cando se requira en determinados momentos e situacións, cubrindo horarios nos que hai máis dificultades para atopar servizos que permitan satisfacer a conciliación”, resolveu.

ÚLTIMAS

Aisge merca a Sala Yago e prepara a súa reactivación como espazo cultural en Santiago

A Sala Yago, situada na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, inicia unha...

Antonio López defende o concerto do Sergas coa USC e di que poderá adaptarse se hai máis graos de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, defendeu este mércores...

Vítimas de Angrois esixen un novo informe sobre o accidente do que só se culpa ao maquinista doce anos despois

Vítimas do descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013...

Yunio Barrueta reforza o Monbus Obradoiro tras abandonar o Leyma Coruña

O Monbus Obradoiro incorpora ao seu cadro para a tempada 2025/26 ao xogador Yunio...

Antonio López defende o concerto do Sergas coa USC e di que poderá adaptarse se hai máis graos de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, defendeu este mércores...

Unanimidade na corporación de Santiago sobre as distincións da Alba de Compostela 2025

A corporación municipal do Concello de Santiago ratificou de forma unánime a proposta da...

Cando o verde non chega: semáforos que tardan en cambiar e peóns que prefiren non agardar

Os tempos de espera nos semáforos de Santiago están a xerar un número crecente...