InicioSANTIAGOSanidade e o Concello de Teo asinan un convenio para reformar o...

Sanidade e o Concello de Teo asinan un convenio para reformar o consultorio dos Tilos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, asinaron este martes un convenio de colaboración para abordar a reforma e mellora do consultorio de Oss Tilos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, asinaron este martes un convenio de colaboración co obxectivo de acometer as reformas e melloras no consultorio dos Tilos. O acordo establece que tanto a Xunta como o Concello cofinanciarán a actuación ao 50%, cunha achega de 8.883 euros cada unha, para un investimento total de 17.767 euros.

Entre as intervencións previstas destaca a mellora do sistema de calefacción, coa substitución da caldeira, radiadores e bomba de circulación. Tamén se realizará a renovación da pintura en varias estancias e optimizarase a iluminación interior do centro sanitario.

Ademais destas obras, a Xunta de Galicia e o Concello de Teo continúan colaborando no proxecto de construción dun novo centro de saúde na Ramallosa, dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Este novo centro permitirá ampliar os servizos sanitarios no municipio, incluíndo unha área de saúde bucodental. Actualmente, o Concello está en proceso de tramitar a cesión dos terreos necesarios para a súa construción.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...