InicioSANTIAGOO Concello de Santiago investiu 186.000 euros en melloras de centros educativos...

O Concello de Santiago investiu 186.000 euros en melloras de centros educativos durante o verán

As actuacións, realizadas en máis de 20 centros e parques infantís, centráronse en accesibilidade, reparacións e renovación de infraestruturas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago destinou case 186.000 euros durante os meses de xullo e agosto a obras de mantemento e mellora en máis de 20 centros educativos e parques infantís da cidade. Segundo informou o consistorio, as actuacións abrangueron traballos de pintado, substitución de elementos clave, mellora da accesibilidade e renovación de sistemas eléctricos e de fontanaría, entre outras intervencións.

Entre os centros intervidos destacan están a EIM Conxo, a EIM Fontiñas, a EIM Meixonfrío-Salgueiriños, a EEI Tambre, a EEI Trasparlamento, a EEI San Roque, a ER Bispo Teodomiro, a ER de Gaioso-Eixo, a ER de Ou Rial-Araño, o CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Arquitecto Casas Novoa, o CEIP Cardeal Quiroga Palacios, o CEIP Fontiñas, o CEIP Lamas de Abade, o CEIP López Ferreiro, o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, o CEIP Monte dous Postes, o CEIP Pío XII, o CEIP Raíña Fabiola, o CEIP Ramón Cabanillas, o CEIP Roxos de Villestro e o CEIP de Vite. Tamén se fixeron actuacións en diversos parques infantís.

O obxectivo das obras é garantir “contornas de aprendizaxe seguros, modernos e adecuados” tanto para o alumnado como para o persoal educativo. As intervencións planificáronse durante o verán para minimizar o impacto no curso escolar.

Ademais, o concello informou de que se realizarán novas obras durante o período lectivo, como o acondicionamento das parcelas próximas aos colexios Ramón Cabanillas e Quiroga Palacios para mellorar o aparcadoiro.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago acusa a Goretti Sanmartín de “farsante” pola candidatura de Santiago a Capital da Ciencia

A concelleira do PP de Santiago, Olaya Otero, cualificou este venres de “farsante” a...

Convocan unha concentración en Santiago contra a caza e os malos tratos animais

Santiago de Compostela será unha das cidades nas que este domingo se desenvolverá unha...

Lola Índigo, Afrojack, Guitarricadelafuente ou Ortiga, algúns dos artistas que completan o cartel do Son do Camiño 2026

O festival O Son Do Camiño avanza cara a un novo sold out logo de...

A alcaldesa anuncia a candidatura de Santiago a Capital Europea da Ciencia en 2028 e a suspensión do prazo do contrato de transporte

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a Axencia...

O TSXG absolve un home condenado por agresión sexual a unha menor ao apreciar dúbidas no testemuño

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso de apelación presentado por un...

O Consello do Estudantado da USC reclama ás candidatas á Reitoría que centren a campaña nas demandas do alumnado

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, máximo órgano de representación...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación...