InicioSANTIAGOGoretti Sanmartín celebra o anuncio do estudo desde o Ministerio de Transportes...

Goretti Sanmartín celebra o anuncio do estudo desde o Ministerio de Transportes para conectar por tren Lugo e Santiago

En declaracións difundidas polo goberno local, a rexedora asegurou que esta iniciativa supón "dar un paso máis" e avanzar nos compromisos adquiridos con Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, celebrou este martes o anuncio do Ministerio de Transportes sobre a licitación dun estudo de viabilidade para conectar Lugo e Santiago por tren a través dunha nova variante entre a liña León-A Coruña e o Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

En declaracións difundidas polo goberno local, a rexedora asegurou que esta iniciativa supón “dar un paso máis” e avanzar nos compromisos adquiridos con Santiago de Compostela. Nesta liña, indicou que para o goberno local é unha “moi boa noticia” que se estude a posibilidade de levar a cabo esta conexión ferroviaria.

Pola súa banda, o Ministerio explicou que o obxectivo deste estudo é definir un novo trazado capaz de “renovar e modernizar” a conexión por tren entre Lugo, a capital galega e as principais cidades da cornixa atlántica.

Así mesmo, Sanmartín incidiu na importancia que tería esta unión para Santiago de Compostela, debido, entre outras cousas, á presenza dun campus universitario en Lugo.

“É un déficit de infraestrutura deste Concello e do conxunto de Galicia”, esgrimiu, polo que emprazou a que se realice este estudo “canto antes” para que esta conexión ferroviaria “sexa unha realidade”.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Ateneo de Santiago abordará os desafíos da intelixencia artificial para comprender o comportamento humano

O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns, 9 de novembro, ás 19:30, unha...