InicioSANTIAGOO Concello de Santiago abre o prazo para a inscrición nos obradoiros...

O Concello de Santiago abre o prazo para a inscrición nos obradoiros de acollida lingüística

A inscrición é gratuita para todas as persoas interesadas en aprender ou mellorar o galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago abriu o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollida lingüística destinados a persoas doutras comunidades lingüísticas que queren iniciar ou continuar a súa formación en galego.

Cada obradoiro, cunha duración de 36 horas, desenvolverase en dúas sesións semanais. As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta a través do formulario dispoñible na web delingua.santiagodecompostela.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 10 de setembro.

Unha vez rematado o prazo, as persoas admitidas, un total de 25 por cada taller, recibirán unha confirmación a través do correo electrónico que indicaron na súa matrícula. As prazas serán asignadas por orde de inscrición, até completar as dispoñibles en cada curso.

O obxectivo destes talleres é facilitar a integración das persoas que se achegan por primeira vez ao galego ou que desexan mellorar a súa competencia na lingua.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...