InicioSUCESOSFalece un traballador ao caer desde 10 metros de altura en Compostela

Falece un traballador ao caer desde 10 metros de altura en Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

Un operario faleceu esta mañá en Santiago de Compostela tras sufrir unha caída desde uns 10 metros de altura nunha nave situada no Polígono do Tambre.

Os feitos ocorreron pouco antes das 9:00 horas, segundo informou o CIAE 112-Galicia, nunha nave industrial situada na estrada da Coruña, a N-550. Ao parecer, o traballador estaba sobre o tellado da nave cando unha parte cedeu e caeu.

Ata a zona desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061, que, a pesar dos esforzos, non puido salvar a vida do traballador. Ademais, ata o lugar tamén se desprazou unha patrulla da Policía Nacional e informouse á Policía Local de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...