InicioSANTIAGOO PP de Santiago sinala o "total abandono" da área Illa do...

O PP de Santiago sinala o “total abandono” da área Illa do Refuxio e pide ao BNG tomar medidas

Segundo explicaron os populares nun comunicado, en pleno verán, momento de máis uso da illa, pódense ver "árbores caídas, falta de papeleiras, colectores de lixo cheos e sen recoller, así como a deterioración dos merendeiros"

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago Adrián Villa instou ao BNG a pór en marcha medidas na área recreativa Illa do Refuxio, situada no río Tambre e que une a parroquia compostelá de Barceila e o concello coruñés de Oroso, debido ao “total abandono e falta de limpeza”.

Despois dunha visita cos veciños a este enclave natural, tanto o edil como o seu compañeiro José Ramón de la Fuente lamentaron o estado dunha “zona privilexiada” de Compostela á que “tanta xente acode nestes meses do ano”, detallou de la Fuente, e na que se atopan ante un “escenario impropio da capital de Galicia”.

Así mesmo, Villa aproveitou para resaltar que na Illa do Refuxio pódese apreciar “quen cumpre e quen non”, debido a que o Concello de Oroso, gobernado polo Partido Popular, “ten todo limpo e co mobiliario en perfecto estado”, mentres que os nacionalistas santiagueses parece que “se esqueceron deste espazo”.

Segundo explicaron os populares nun comunicado, en pleno verán, momento de máis uso da illa, pódense ver “árbores caídas, falta de papeleiras, colectores de lixo cheos e sen recoller, así como a deterioración dos merendeiros”.

Nesta liña, aseguraron que esta é a proba do “pouco interese que ten o BNG en pór en valor o rural santiagués”, polo que instaron aos nacionalistas a solucionar esta conxuntura para que os veciños poidan gozar da área durante o que queda de verán.

“O BNG foi advertido na primavera pero, do mesmo xeito que co resto de asuntos, fixo caso omiso, o que denota unha falta de respecto aos veciños”, indicou Vila.

Así mesmo, José Ramón de la Fuente subliñou que Santiago non é unha cidade con moitos lugares como este e lamentou que non se puxo ” a punto” antes do verán para poder promocionalo e para que os veciños puidesen “gozar da natureza e da auga do Tambre”.

ÚLTIMAS

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...