InicioPOLÍTICAO PP de Santiago critica que o Goberno local sexa "incapaz" de...

O PP de Santiago critica que o Goberno local sexa “incapaz” de pór en marcha “medidas mínimas” en materia de turismo

María Baleato atribúe a baixa ocupación de xullo ás medidas do Goberno local e critica a falta de atratividade das festas do Apóstolo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A edil do PP de Santiago María Baleato criticou que o Goberno local sexa “incapaz” de pór en marcha “medidas mínimas” de turismo na capital galega. Tal e como trasladaron os populares nunha nota de prensa, as cifras de ocupación hoteleira do mes de xullo, segundo datos dos hoteis asociados á Unión Hoteleira de Compostela, “están nun 76% de ocupación media”, o que, na súa opinión, “convérteo no peor mes da tempada alta”.

Neste contexto, pediu ao BNG que, “no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística, a reformulen de forma urxente e inspírense en casos de éxito” para non levar á cidade “á apocalipse turística”. Nesta liña, remarcou que esta situación “non é boa para Santiago”, algo que o PP, engadiu, “xa advertiu” e considera que “é consecuencia das medidas alarmistas que os nacionalistas promulgan”.

“A percepción que reciben os turistas de non ser ben recibidos; as pintadas e carteis con insultos cos que se atopan; a falta de ambición na planificación cultural e de lecer e o pouco atractivo das festas do Apóstolo, lonxe de producir unha mellora nos resultados de ocupación, o que provocan é unha perda de ocupación, feito que se aparta do obxectivo de incrementar as pernoctaciones, que todos deberiamos compartir”, sinalou.

Así mesmo, a popular reprochou que as festas do Apóstolo “non foron un revulsivo para a ocupación hoteleira da cidade” como si o foi, opinou, O Son do Camiño. Por último, manifestou que “non hai na cidade unha oferta cultural atractiva que sitúe a Santiago nun nivel superior na comparativa con outros destinos próximos, que si conseguen que a estancia media de turistas suba”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...