InicioECONOMÍAComeza a construción dun edificio de 12 vivendas de promoción pública en...

Comeza a construción dun edificio de 12 vivendas de promoción pública en Lamas de Abade

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, indicou que despois de varias conversacións chegaron ao acordo de ceder gratuitamente dúas parcelas que permitirán ampliar a oferta de vivenda protexida

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou este xoves o inicio das obras dun edificio de 12 vivendas de promoción pública en Lamas de Abade, despois de que esta semana o Concello de Santiago dese luz verde á licenza para a súa construción.

Na visita, na que tamén participou a alcaldesa en funcións, María Rozas, e o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, explicaron que o inmoble contará cunha planta baixa, dúas plantas altas e 12 vivendas de tres e dous dormitorios, todas elas con terraza.

Segundo apuntou a arquitecta do proxecto, María González, “o que se busca é unha gran eficiencia enerxética”, polo que traballarán cunhas instalacións “altamente eficientes” para que o consumo sexa cada vez menor. Trátase dun proxecto que alcanza os 2,5 millóns de investimento e que conta cun prazo de execución de 13 meses, polo que prevén que o edificio estea terminado o próximo verán.

Nesta liña, a Administración autonómica promove en Compostela “outras 48 vivendas de promoción pública en dúas parcelas máis en Lamas de Abade e no Castiñeiriño”. As 24 previstas en Lamas de Abade xa están adxudicadas e empezarán leste mesmo verán e os 24 restantes no Castiñeiriño xa están en marcha, polo que estiman terminalas ao longo do próximo 2025.

Por tanto, son 60 as novas vivendas de promoción pública que están agora mesmo en tramitación, ás que hai que sumar “outros dous chans a piques de cederse polo Concello e que permitirán a construción de 18 novas vivendas de promoción pública”.

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, indicou que despois de varias conversacións chegaron ao acordo de ceder gratuitamente dúas parcelas que permitirán ampliar a oferta de vivenda protexida, pero tamén “completar urbanizacións que están incompletas desde hai anos”.

Pola súa banda, Martínez Allegue destacou que o seu obxectivo principal é duplicar o parque público de vivenda e conseguir que a cidadanía “acceda a vivendas de calidade, dignas, pero tamén alcanzables“.

Así mesmo, lembrou que cando terminen as obras adxudicaranse as vivendas en réxime en aluguer entre as persoas que “estean inscritas no Rexistro único de Demandantes de Vivenda” e incidiu en que con estas promocións constrúese un futuro mellor para moitas familias.

ÚLTIMAS

Antonio López xustifica o cesamento de Maite Flores na CIUG para garantir a “igualdade” nas eleccións á USC

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, xustificou este mércores o...

María José López Couso presenta a súa candidatura á reitoría cun proxecto colectivo para a USC

A catedrática María José López Couso presentou este martes en Santiago de Compostela a...

Louzao pide evitar o catastrofismo tras a caída de pasaxeiros en Lavacolla e defende o peso do aeroporto en Galicia

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, chamou este mércores a...

Sanmartín chama a reforzar a produción local para garantir a seguranza alimentaria

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, puxo o foco na seguranza alimentaria...

Antonio López xustifica o cesamento de Maite Flores na CIUG para garantir a “igualdade” nas eleccións á USC

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, xustificou este mércores o...

María José López Couso presenta a súa candidatura á reitoría cun proxecto colectivo para a USC

A catedrática María José López Couso presentou este martes en Santiago de Compostela a...

O Simposio Biopsia Líquida celebra a súa XI edición en Santiago como foro de referencia en oncología de precisión

Santiago de Compostela acollerá entre os días 22 e 24 de xaneiro a XI...