InicioSANTIAGODetectan un descenso de ocupación hoteleira con respecto a 2023 e un...

Detectan un descenso de ocupación hoteleira con respecto a 2023 e un “parón no consumo”

Aos membros da asociación só os anima a "pensar que as reservas de última hora poidan cambiar a mala tendencia inicial"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión Hoteleira Compostela estima que o mes de agosto acabará en Santiago cun lixeiro descenso na ocupación con respecto a 2023, debido a un “parón no consumo” unido a “unha falta de incentivos de lecer na cidade”.

Así o explicou o portavoz da entidade, José Antonio Liñares, que chamou a atención sobre a necesida de facer unha “oferta cultura atractiva” que some valor, xa que “sen ela, os viaxeiros non elijen compostela como destino”.

Para a asociación, “o encanto do patrimonio monumental e o Camiño xa non son suficientes para competir por outros destinos que están a apostar por un turismo de calidade de verdade, con bos concertos, exposicións e experiencias de lecer que fan que a estancia media suba”.

“O exemplo de éxito máis próximo témolo na cidade da Coruña, que teñen unha previsión do 92% de ocupación para este mes de agosto grazas á programación das Festas de María Pita e ao Festival Noroeste”, apunta. En Santiago, estiman que a ocupación roldará o 85%, dous puntos por baixo da do ano anterior.

En canto á ocupación para a Ponte da Asunción, do xoves 15 (festivo nacional) ao domingo 18, será cando se consigan as únicas cifras que rocen o cheo na cidade. Para moita xente “serán vacacións sobre vacacións”, tal e como apunta Liñares, “e tamén dará a oportunidade a quen estean a traballar de gozar duns días de descanso extra”.

Aos membros da asociación só os anima a “pensar que as reservas de última hora poidan cambiar a mala tendencia inicial”. Con respecto aos datos de xullo, a ocupación media dos hoteis asociados á UHC, entidade que agrupa o maior número de prazas hoteis da cidade, foi finalmente dun 78%, sendo un ano máis “o mes máis frouxo da tempada alta”.

A pesar de que tradicionalmente se considera tempada alta os meses de verán, a ocupación media de xullo da Unión Hoteleira Compostela foi menor que en xuño (87%) e que en maio (94%), meses nos que se programaron concertos con moito tirón, como o festival Son do Camiño ou o Gozo Fest, xunto a convencións e congresos que encheron a cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...