InicioSOCIEDADEO novo aparcadoiro do CHUS terá 1.000 prazas e as obras non...

O novo aparcadoiro do CHUS terá 1.000 prazas e as obras non comezarán como “mínimo” ata 2026

A alcaldesa de Santiago e tres conselleiros asinan o protocolo que permitirá mellorar accesos e construír esta infraestrutura.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta e o Concello de Santiago ratificaron este venres coa súa firma o protocolo para humanizar e ordenar a contorna e acceso ao Hospital Clínico compostelán, así como para a construción do novo aparcadoiro do complexo, que terá 1.000 prazas e cuxas obras non comezarán como “mínimo” ata 2026.

No acto participou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, por parte da Xunta, así como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Neste protocolo establécense as bases de colaboración entre ambas as administracións para a realización do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para a reordenación da accesibilidade e mobilidade na contorna do CHUS, así como para a construción do novo aparcadoiro. Paralelamente, incluíuse tamén un investimento de ata 3,5 millóns para saneamento e abastecemento nas parroquias rurais de Santiago.

SANEAMENTO NO RURAL

Ademais destas actuacións, como destacou Ángeles Vázquez, o protocolo inclúe un investimento de ata 3,5 millóns para cofinanciar obras de saneamento e abastecemento en parroquias do rural de Santiago. Con iso, o Goberno galego estudará os proxectos que presente o concello e avaliará as necesidades co compromiso de achegar o 70% do investimento daqueles que se executen.

UN “ORGULLO COLECTIVO”

Un “orgullo colectivo”, así é como cualificou a rexedora compostelá este acordo entre as dúas administracións que permitirá desbloquear unha vella reclamación para a mobilidade o Clínico. A medida, lembrou, beneficiará tanto aos composteláns como aos máis de 450.000 habitantes de 46 concellos que conforman en área de influencia deste hospital. Ademais da achega económica, o concello tamén realizará a bonificación do IBI destas obras e das que actualmente están en marcha no hospital, a modificación de plans necesarios, a expropiación de terreos e os cambios nas liñas de transporte urbano.

Para Goretti Sanmartín, esta fórmula de colaboración e entendemento é “o camiño que hai que impulsar” para os “retos de futuro” dos concellos, como o son o equilibrio turístico, o impulso industrial ou a prestación de servizos.

O conselleiro de Sanidade, pola súa banda, dixo que é un “día importante” para “solucionar un problema de longa duración” como é o déficit de aparcadoiro e os problemas de accesibilidade do CHUS, un “centro en expansión”. “Con capacidade de diálogo, a política pode ser unha extraordinaria ferramenta para mellorar a vida da xente”, dixo Antonio Gómez Caamaño.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...