InicioSANTIAGOAvanza a solicitude de ampliación de licenzas de taxi en Santiago tras...

Avanza a solicitude de ampliación de licenzas de taxi en Santiago tras a reunión da Comisión Especial de Transporte Público

A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo emitirá un informe perceptivo e non vinculante

Publicado o

Xornal de Compostela

A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo (CEVT) do Consello Galego de Transportes celebrou este martes unha reunión clave na que se analizou a solicitude do Concello de Santiago para ampliar o número de licenzas de taxi na cidade. A directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, e o concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, participaron activamente no encontro, onde se elaborou un informe non vinculante que será enviado ao Concello para completar a súa solicitude.

A proposta actual do Concello contempla un incremento de 29 novas licenzas, das cales a metade estarían destinadas a persoas con mobilidade reducida. A solicitude basease na cota establecida pola Lei de Transporte Público en vehículos de turismo de Galicia, que determina unha licenza por cada 1.000 habitantes, criterio que Santiago xa supera.

A CEVT, composta por representantes do Consello Galego de Transportes, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), e varias organizacións sindicais, valorou positivamente as aportacións feitas.

Xan Duro resaltou a “boa sintonía” da reunión, mencionando a crecente demanda de servizos de taxi na cidade, que rexistrou un aumento do 62% nas viaxes entre 2016 e 2022, excluíndo os anos da pandemia. Este crecemento xustifica, segundo o edil, a necesidade de ampliar as licenzas para aliviar a presión sobre este servizo.

Agora, o Concello deberá aclarar algúns datos adicionais sobre o nivel de servizos nocturnos solicitados pola Dirección Xeral de Mobilidade, co obxectivo de elevar un informe definitivo para a súa posterior avaliación e decisión por parte da Xunta. Xan Duro tamén destacou que a solicitude considera a “poboación vinculada” á cidade, o que inclúe a persoas que manteñen relacións laborais, educativas ou turísticas con Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...