InicioPOLÍTICAO Goberno de Santiago leva a pleno extraordinario o 31 de xullo...

O Goberno de Santiago leva a pleno extraordinario o 31 de xullo o uso de remanentes e busca respaldo dos grupos

Pretende destinar eses 6,7 millóns a "necesidades urxentes" do consistorio e a políticas de vivenda.

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Santiago, Manuel César Vila, anunciou este mércores que o goberno compostelán (integrado por BNG e Compostela Aberta), tentará conseguir o apoio do resto de forzas políticas (PSdeG e PP) para aprobar o expediente de utilización de remanentes que levarán a un pleno extraordinario o mércores 31 de xullo.

Así o comunicou nunha rolda de prensa, celebrada na casa consistorial, na que presentou o contido dun documento que describiu como un expediente “rendible” e “realista”. “Imos tentar conseguir o apoio maioritario de todos os grupos políticos do pleno. Loxicamente, o noso socio principal é o PSOE e esperamos contar con el e que este expediente poida saír adiante”, declarou o político. Do mesmo xeito, comentou que nas últimas semanas o seu goberno “fixo un esforzo” para pagar as facturas pendentes do Concello cos remanentes de 2023 e que “tentará axilizar” o resto de pagos.

CONTIDO DA PARTIDA

O total da partida do remanente líquido de tesouraría é de 6.780.000 euros, que se prevé utilizar para “necesidades extraordinarias e urxentes”. O concelleiro mencionou que no contido da partida figuran, entre outros, a construción de novos pasos elevados, a reparación de muros tradicionais e a compra de mobiliario e maquinaria para a Casa das Máquinas de Santiago e o Centro Xove de Creación Cultural.

Na mesma liña, destacou que “unha das partidas máis importantes” é a adquisición dun inmoble na rúa Mazarelos, un edificio que César Vila cualificou como “singular” e de “interese público”, e que enmarcou nas políticas de defensa pública da vivenda, posto que pretende ser destinado ao aluguer.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...