InicioSANTIAGOAfundación entregará en Santiago o seu I Premio Internacional de Investigación Educativa

Afundación entregará en Santiago o seu I Premio Internacional de Investigación Educativa

Entregarase o galardón ao catedrático emérito Robert F. Arnove

Publicado o

Xornal de Compostela

O I Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa reunirá en Santiago a expertos internacionais en educación comparada, ademais de entregar o galardón do mesmo ao catedrático honorífico emérito da Universidade de Indiana, en Estados Unidos, Robert F. Arnove.

Segundo informa a entidade, recibirá o seu galardón o martes 11 de xuño nunha cerimonia que estará precedida por unha mesa redonda.

Arnove, un dos máis reputados expertos en educación comparada a nivel mundial, recollerá a distinción no Centro Obra Social Abanca.

Trátase dun galardón que lle outorgou por unanimidade o xurado entre un total de 111 candidaturas presentadas. Na primeira parte deste evento, e precedendo á entrega do premio, desenvolverase unha mesa redonda sobre educación comparada.

Nela, participarán o propio Robert F. Arnove, que estará acompañado polos expertos Mariano Fernández Enguita, da Universidade Complutense de Madrid, e Luís Miguel Lázaro Lorente, da Universidade de Valencia. O catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago (USC) Miguel Anxo Santos Rego exercerá de moderador.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...