InicioSANTIAGOUrbanismo obriga ao peche temporal da Sala Malatesta por superar os límites...

Urbanismo obriga ao peche temporal da Sala Malatesta por superar os límites de ruído

A sala de concertos anuncia medidas legais fronte ás decisións do Concello e solicita a revisión das sancións

Publicado o

Por Xornal de Compostela

O edil de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica en Santiago, Iago Lestegás, anunciou a decisión de pechar temporalmente a Sala Malatesta tras recibir informes acústicos que mostraban un exceso de ruído. A resposta do establecemento non se fixo esperar, avanzando que solicitarán a “nulidade das medidas” impostas.

Lestegás informou que, tras varias queixas dos veciños polos ruídos xerados polo local, realizáronse medicións acústicas cuxos resultados foron “desfavorables”, indicando que se excederon os límites de ruído permitidos tanto dentro das vivendas como no exterior. Diante desta situación, dixo que o Concello viuse obrigado a actuar “suspendendo a actividade” ata que se solucionen as anomalías detectadas.

Desde o Concello mostráronse esperanzados en que o problema se solucione rapidamente, ao mesmo tempo que expresaron a súa preocupación polo posible prexuízo causado ao local. “Estas decisións nunca son doadas”, explicou Lestegás, subliñando a necesidade de cumprir coa normativa vixente en materia de ruído.

Por outro lado, a dirección da Sala Malatesta reaccionou publicando un comunicado nas súas redes sociais onde explican que as visitas da Policía se tornaron “cada vez máis habituais”, chegando a ser “diarias”. No entanto, aseguran que estas inspeccións non lles supuxeron “ningún problema”. Afirmaron ademais que as dúas medicións de ruído realizadas, cuxos custos foron asumidos pola sala, cumprían coas normativas.

Respecto á medición que motivou a orde de peche, realizada un venres ás 23:00 horas, a sala considera que foi “totalmente irregular” e afirman atoparse “nunha situación de indefensión”. Criticaron tamén a “cantidade absurda” de requirimentos recibidos ao longo dos anos e cualificaron as actuacións do concelleiro e dos técnicos como non acordes a un goberno que se di progresista. Anunciaron que, ademais de solicitar a nulidade das medidas, tomarán accións legais. Finalmente, comprometéronse a devolver o importe das entradas dos eventos afectados pola suspensión.

“Consideramos, por diversos motivos, que esta medición da que non notificaron nin deixaron constancia, é totalmente irregular. Entre outras cousas, incumpre a lexislación en varios puntos. Atopámonos nunha situación total de indefensión”, criticaron dende a Sala Malatesta a través dun comunicado.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A Fiscalía pide 30 anos e medio de cárcere para cada un dos dous principais acusados do caso do club ‘San Lázaro II’

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...