InicioSANTIAGOA Praza da Oliveira de Santiago renómase en honra a Pilar Pereira

A Praza da Oliveira de Santiago renómase en honra a Pilar Pereira

O cambio busca incrementar a presenza de mulleres nos nomes do rueiro compostelán e recoñecer a traxectoria da actriz

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza da Oliveira, situada na zona vella de Santiago de Compostela, pasa a chamarse ‘Praza da Oliveira-Pilar Pereira’, co obxectivo de que a actriz e dramaturga compostelá permaneza “na memoria colectiva dos veciños”.

Veciña da rúa da Troia, “sempre presumiu de ser picheleira aquí e en todos os lugares de fóra onde traballou e viviu durante diferentes momentos da súa vida”, tal e como destacou a alcaldesa, Goretti Sanmartín.

Así, o Concello sinalou que elixiu esta praza para darlle o nome de Pilar Pereira para incrementar a presenza das mulleres nos nomes do rueiro e para optar por espazos centrais da cidade para dar visibilidade e recoñecemento.

Para a rexedora, Pilar Pereira foi unha muller que “quixo exercer a súa vida en liberdade, nunha época na que as mulleres non o tiñan nada fácil, unha pioneira que reivindicou a creación artística desde a mocidade ata os últimos anos”.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...