InicioSANTIAGOO Espazo María Miramontes abrirá o 7 de setembro o proceso de...

O Espazo María Miramontes abrirá o 7 de setembro o proceso de inscrición para o novo curso

O prazo para solicitar praza nas actividades do período lectivo irá do 8 ao 11 de setembro e a programación comezará o día 28

Publicado o

Xornal de Compostela

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, situado no barrio compostelán de Fontiñas, abrirá o próximo luns 7 de setembro o proceso de inscrición de cara ao período lectivo 2026-2027. As familias interesadas en utilizar este servizo municipal deberán completar previamente o procedemento de alta e, posteriormente, solicitar praza nas actividades correspondentes.

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns as normas que regulan o acceso á ludoteca, así como a gratuidade do servizo e os prazos de inscrición tanto para os períodos lectivos como para os non lectivos.

Todas as persoas menores que desexen participar na programación deberán figurar previamente como usuarias dadas de alta no Espazo María Miramontes. O formulario normalizado para completar este trámite estará dispoñible a través da sede electrónica do Concello de Santiago.

No procedemento será necesario achegar os datos e a documentación requiridos, autorizar a permanencia da persoa menor nas instalacións e aceptar as condicións internas de funcionamento do centro. O sistema de altas permanecerá dispoñible durante os doce meses do ano, coa excepción dos períodos nos que estea aberto un proceso específico de solicitude de prazas.

A documentación poderá presentarse por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello, ademais de mediante os demais mecanismos contemplados na normativa administrativa.

No caso das nenas e nenos que xa estean dados de alta, non será necesario repetir este primeiro trámite. As familias deberán cubrir directamente o formulario dispoñible na páxina web do centro correspondente ao programa no que desexen participar.

Unha vez pechado cada proceso de solicitudes, o Espazo María Miramontes publicará a relación de persoas admitidas. As familias tamén recibirán información sobre a situación da súa petición a través do correo electrónico, mentres que o estado das solicitudes poderá consultarse na web do centro.

Para o período lectivo 2026-2027, a solicitude de praza poderá realizarse entre o 8 e o 11 de setembro, ambos incluídos. A lista provisional de persoas admitidas publicarase o 18 de setembro, mentres que entre os días 19 e 21 deberá realizarse a confirmación da praza.

A programación ordinaria do novo curso no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes está previsto que comece o 28 de setembro.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...