InicioSANTIAGOO bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

Finaliza unha fase máis do proxecto co que percorrerá 3.953 quilómetros, un por cada falecemento por esta causa en 2024.

Publicado o

Xornal de Compostela

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou en Santiago de Compostela os 30 maratóns consecutivos realizados por todo o territorio español durante este mes de agosto. Finaliza así unha fase máis do proxecto ‘Romper o Silencio’, co que pretende concienciar sobre o suicidio a través do deporte.

En total, Domínguez percorrerá 3.953 quilómetros, un por cada falecemento por suicidio en España en 2024, últimas cifras oficiais coñecidas. Farao a través dun total de 95 maratóns: os primeiros 50 foron dentro da Comunidade de Madrid e os seguintes 30 levárono por municipios do resto do país. Agora, faltan 15 para finalizar o reto. A etapa 80, que realizou este domingo en Santiago e á que podía sumarse quen quixese, partiu ás 08.30 do Multiusos Fonte do Sar, desde onde realizou voltas polo paseo fluvial de 5 quilómetros cada unha. Con todo, a última consistiu nun tramo do Camiño Francés, que terminou na Praza do Obradoiro.

Domínguez chegou ás 14.00 horas á contorna da Catedral xunto ás persoas que decidiron acompañarlle durante esta mañá. Alí, esperábanos varios bombeiros do parque compostelán e membros da corporación municipal, como o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro.

PREVENCIÓN SOBRE O SUCIDIO

Segundo expón nas súas redes sociais, o proxecto busca “romper o silencio” en relación ao suicidio utilizando o deporte “dunha forma respectuosa”. A Domínguez parecíalle “algo simbólico” que todos os quilómetros realizados “collan sentido por todas aquelas persoas que a día de hoxe xa non están”. “Por medio do deporte, aos poucos, imos aprender a coidar á xente que temos máis preto, a escoitarlles, a saber pedir axuda. Temos que aprender a vivir con xente á beira que non sabemos o ben ou o mal que está”, explica o bombeiro sobre a súa motivación.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...