InicioECONOMÍAPersoal do transporte de mercadorías reclama un "convenio provincial digno" en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Tras meses de negociación, o empresariado presentou unha oferta económica que, para o ano 2026, resulta mesmo inferior ao IPC interanual de xuño, ademais de afectar só o salario basee, sen actualizar así o resto de conceptos (antigüidade, plus de longa distancia, dietas, etc.).

Publicado o

Xornal de Compostela

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT, continuou este xoves en Santiago de Compostela o seu calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo digno na provincia da Coruña. Nesta ocasión, a protesta realizouse na rotonda da entrada do Polígono do Tambre, xa que esta área conta cun intenso movemento de mercadorías.

A próxima mobilización será o día 23 de xullo en Ferrol e, de non producirse avance, os sindicatos non descartan intensificar as medidas de presión. Nun comunicado, o tres sindicatos explican que en agosto pasado asinouse un acordo para o ano 2025 relativo á subida económica coa idea de non seguir acumulando meses co convenio caducado e propiciar a negociación dun plurianual.

O compromiso de ambas as partes era que esa nova negociación contaría, ademais da subida económica, con melloras na xornada e na remuneración do traballo nocturno, en domingos, do tempo de presenza, así como melloras para o persoal de almacén e administración ou o recoñecemento de novas realidades no sector como son o emprego de camións megaduos ou trens de entrada, entre outras.

Con todo e pese ao contexto actual de incremento da carestía, denuncian que a patronal non quere agora tratar moitas destas cuestións nin asumir unha garantía sobre os salarios. Tras meses de negociación, o empresariado presentou unha oferta económica que, para o ano 2026, resulta mesmo inferior ao IPC interanual de xuño, ademais de afectar só o salario basee, sen actualizar así o resto de conceptos (antigüidade, plus de longa distancia, dietas, etc.).

As organizacións sindicais denuncian tamén que a patronal pretende que os salarios só suban desde a firma do convenio e non desde o día 1 de xaneiro, algo que aseguran que é “inaceptable” para a parte social.

“Con estas propostas o empresariado busca profundar máis na enrome perda de poder adquisitivo do sector, que nos últimos anos acumula máis do 12%, xa que só recolleuse o custo real da vida no acordo de 2025”, sosteñen.

Así as cousas, sinalan que, con estes salarios e as duras condicións de traballo no transporte “resulta imposible atraer a novas persoas traballadoras ao sector, cando a falta de man de obra é unha queixa constante das empresas”.

Censuran que a pretensión da patronal é repercutir cara abaixo os custos e que volvan ser os catros de persoal os que lles financien as empresas para competir no mercado con compañías máis grandes. Por todo iso, CIG, CCOO e UGT acordaron iniciar un calendario de mobilizacións e unha campaña de información no sector para darlle a volta a esta situación de “parálise e cerrazón” por parte da patronal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...