InicioSANTIAGOSanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

Un peche de semana "importantísimo" no que tamén quixo destacar o fin das obras na rúa de Amor Ruibal, en Pontepedriña, aberta ao tráfico desde o luns

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará o vindeiro luns a autorización para recibir a obra do Pazo de Raxoi, que contará cun programa de visitas guiadas ao edificio a partir de outono.

Tal e como lembrou a mandataria compostelá na rolda de prensa semanal, a obra obtivo unha subvención de tres millóns de euros para realizar o mantemento e rehabilitación de patrimonio histórico con uso turístico. Así, o fin último era converter o edifico nun recurso turístico aberto a locais e visitantes.

O deseño do proxecto incorporou elementos para mellorar a accesibilidade ás instalacións, como unha rampla na entrada ao mesmo, e un ascensor para os pisos inferiores. Ademais, instaláronse sistemas de ventilación e climatización.

Neste sentido, a rexedora lembrou que o Concello nunca estivo aberto ás visitas, máis que de forma puntual e que “moita xente” non coñece a súa historia e memoria. De feito, puxo de exemplo que nel edificio estivo o cárcere da Falcona.

Por iso, a partir deste outono ofreceranse visitas para tres grupos de persoas. En primeiro lugar, abriranse as portas aos centros escolares para que os estudantes poidan asistir en período lectivo. A visita irá acompañada de material didáctico para os asistentes.

En segundo lugar, facilitarase a visita gratuíta a asociacións culturais, veciñais ou de calquera outro ámbito radicadas na capital galega. Estas poderanse reservar dentro do calendario que se habilite, que será en horario de tarde ou fin de semana.

Finalmente, os turistas poderán reservar a través de Turismo de Santiago a visita á institución municipal, fóra do horario de funcionamento ordinario das oficinas municipais. Para elas, establecerase un prezo público, con bonificacións para estudantes e outros colectivos.

Un peche de semana “importantísimo” no que tamén quixo destacar o fin das obras na rúa de Amor Ruibal, en Pontepedriña, aberta ao tráfico desde o luns. “Esta obra é unha actuación pioneira de adaptación ao cambio climático e de devolución de espazo ás persoas”, remarcou.

Segundo subliñou, grazas a esta actuación a rúa dispón de máis árbores, máis verde, menos asfalto e máis materiais drenantes para facela “máis habitable e humana”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...