InicioSANTIAGONormalizada a circulación ferroviaria Ourense-Santiago logo da reparación no Irixo

Normalizada a circulación ferroviaria Ourense-Santiago logo da reparación no Irixo

A circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago de Compostela normalizouse na mañá deste venres tras finalizar os traballos de reparación da incidencia rexistrada o pasado mércores no Irixo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago de Compostela normalizouse na mañá deste venres tras finalizar os traballos de reparación da incidencia rexistrada o pasado mércores no Irixo.

En concreto, segundo informaron a Europa Press fontes de Adif, a avaría rexistrada ao quedar enganchado o patógrafo dun tren Avlo na catenaría e que afectou á electrificación quedou solucionada ás 5,24 horas desta madrigada.

Este incidente, conforme sinalou Adif, provocou que durante parte da xornada do mércores e todo o xoves a circulación entre Ourense e O Irixo tivésese que realizar por vía única, o que provocou atrasos en diferentes trens e algunha cancelación.

Mentres que na madrugada do xoves conseguiuse retirar o tren avariado para posteriormente acceder á infraestrutura danada, os traballos finalizaron na madrugada deste venres.

Deste xeito, espérase que ao longo deste venres o servizo ferroviarios operen con normalidade, despois de dúas xornadas con atrasos e cancelacións.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...