InicioSUCESOSPrisión para un home por tentativa de homicidio por unha agresión en...

Prisión para un home por tentativa de homicidio por unha agresión en Santiago

O detido discutiu coa vítima, que nese momento paseaba ao seu can polo paseo fluvial, e terminou agredíndoo cunha pedra na cabeza

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home foi detido en Santiago por un suposto delito de tentativa de homicidio en relación a unha agresión ocorrida o pasado domingo na contorna do río Sarela. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión tras o seu pase a disposición xudicial este mércores.

Segundo informaron fontes policiais, o detido discutiu coa vítima, que nese momento paseaba ao seu can polo paseo fluvial, e terminou agredíndoo cunha pedra na cabeza. Isto provocoulle feridas graves e está ingresado no hospital desde entón.

Debido a estes feitos, a Policía Nacional procedeu á súa detención como presunto autor dunha tentativa de homicidio. Foi este mércores cando o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela decretou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...