InicioPOLÍTICARueda sobre a alcaldía de Compostela: “Cada vez vexo máis preto a...

Rueda sobre a alcaldía de Compostela: “Cada vez vexo máis preto a Borja Verea como futuro alcalde”

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, tamén dixo ter "aprecio persoal" cara ao delegado do Goberno e candidato do PSOE á alcaldía de Santiago, Pedro Branco.

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo ter “aprecio persoal” cara ao delegado do Goberno e candidato do PSOE á alcaldía de Santiago, Pedro Branco, ao ser unha persoa “moi respectuosa institucionalmente”. No entanto, deixa claro que: “Eu cada vez vexo máis preto as posibilidades de Borja Verea como futuro alcalde de Santiago”.

Así se expresou a preguntas da prensa en relación coa designación de Pedro Branco como candidato socialista na capital de Galicia. Nesta liña, Rueda opina que “non debe ser sinxelo” ser delegado do Goberno de Pedro Sánchez “nin ser candidato” nun lugar como Santiago no que “todos” coñecen “a evolución que tivo o PSOE durante esta lexislatura e nos últimos anos”.

“Sorprendeume que o actual líder do PSOE en Santiago non asuma a papeleta”, dixo en referencia a Aitor Bouza, aínda que “cada partido saberá o que ten que facer”. Por todo iso, o tamén xefe de filas dos populares galegos considera que se “reforza a necesidade de estabilidade e dirección” no Concello de Santiago.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...