InicioSANTIAGOAs familias compostelás xa poden solicitar o servizo de comedor para o...

As familias compostelás xa poden solicitar o servizo de comedor para o vindeiro curso escolar

O procedemento é obrigatorio para todas as persoas que queiran facer uso do servizo de comedor escolar no próximo curso escolar. Esta preinscrición poderase realizar desde este martes, 7 de xullo, e ata o 27 do mesmo mes.

Publicado o

Xornal de Compostela

As familias compostelás que queiran adherirse ao servizo de madrugadores ou comedor dependente do Concello deberán preinscribirse entre o 7 e o 27 de xullo a través da sede electrónica de Raxoi ou de forma presencial no rexistro xeral. Así o anunciou a portavoz municipal, Míriam Louzao, tras aprobarse este luns por urxencia na xunta de Goberno local o procedemento administrativo para solicitar praza nos servizos de comedor durante o curso 2026-2027.

Tal e como avanzou Louzao, habilitouse unha nova aplicación, de propiedade municipal, para a xestión do servizo coas familias, que deberán acreditarse como usuarias da mesma. O procedemento é obrigatorio para todas as persoas que queiran facer uso do servizo de comedor escolar no próximo curso escolar. Esta preinscrición poderase realizar desde este martes, 7 de xullo, e ata o 27 do mesmo mes, tanto na sede electrónica como de forma presencial, no rexistro xeral. As familias recibirán no correo electrónico unha ligazón para poder descargar a aplicación e enviar toda a documentación a través dela.

Así, do 30 de xullo ao 19 de agosto, será o período para cubrir a información e achegar toda a documentación necesaria e o 21 de agosto publicarase a lista de admitidos. No caso de que o número de solicitudes presentadas no prazo ordinario supere a capacidade máxima autorizada para cada espazo de comedor, asignarán as prazas priorizando aos grupos de especial protección social e vulnerabilidade, despois os que teñen necesidade de conciliación laboral e finalmente outros supostos.

Neste sentido, Louzao sinalou que se manterán os mesmos prezos públicos que foron aprobados na xunta de Goberno local de 2019. Desta forma, o prezo da comida será de 4,50 euros por día e o do almorzo de 1,94 euros. O número total de prazas ofertadas será de 1.462.

OUTROS ASUNTOS

Tamén, a portavoz municipal trasladou que se autorizou a renovación ornamental do conxunto parroquial de Santa María de Conxo, declarado Ben de Interese Turístico, unha obra que conta cun orzamento de execución de 216.607,09 euros. Segundo explicou, vaise cambiar toda a instalación eléctrica e a iluminación das naves da igrexa, das capelas laterais, do retablo maior e tamén dos espazos de coro e dos baixos coros, incluíndo tamén a capela de Cristo cos seus retablos. Os obxectivos que propón o proxecto son a iluminación equilibrada do conxunto e tamén a adecuada para o uso litúrxico, ademais de realzar todos os elementos que son destacables.

Por outra banda, a xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación de servizos de bibliotecas e da rede de centros socioculturais. A empresa adxudicataria é Atlantic Ponche SL, cunha oferta económica de 604.620,93 IVE incluído. Así, a empresa ofrece ampliar a bolsa de horas en 500 horas; investir 6.000 euros na mellora do sistema informático das bibliotecas; realizar un gasto tamén de 6.000 euros en últimas novidades de libros; e realizar oito actividades formativas anuais superiores a 15 horas dirixidas ao persoal que se adscribe ao contrato. O custo anual deste contrato, que se adxudicou para dous anos, é de 302.310,47 euros.

Finalmente, o Goberno municipal acordou solicitar unha subvención de 134.000 euros para o financiamiento dos gastos de persoal do CIM. Deles, un total de 89.333,33 son para o exercicio de 2026 e os restantes para o exercicio de 2027.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...