InicioSANTIAGORaxoi recibe catro ofertas para a fase III de mellora no Estadio...

Raxoi recibe catro ofertas para a fase III de mellora no Estadio Verónica Boquete

A intervención inclúe a reparación das fachadas, as cubertas e os soportais do edificio e tamén substituirá o falso teito da cafetaría e as carpintarías do muro-cortina da porta 1

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello recibiu catro ofertas no proceso de licitación do contrato para as obras da fase III de melloras do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro.

Tal e como informou o Concello compostelán, este contrato tramítase polo procedemento aberto e simplificado cun orzamento basee de 1.292.790,67 euros (IVE incluído) e ten un prazo de execución de catro meses.

A intervención inclúe a reparación das fachadas, as cubertas e os soportais do edificio e tamén substituirá o falso teito da cafetaría e as carpintarías do muro-cortina da porta 1.

O Consistorio lembrou que este complexo sufriu desde o inicio deficiencias estruturais que empeoraron cos 30 anos que leva en funcionamento.

No inicio do mandato realizouse unha avaliación de necesidades globais. Como resultado, estimouse necesaria un investimento de algo máis de 9,3 millóns, para o que o Concello destaca que é necesaria a colaboración doutras administracións.

O Estadio Verónica Boquete foi deseñado no ano 1990 polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois e foi inaugurado en xuño de 1993, froito dun convenio entre o Concello, a Xunta e o Consello Superior de Deportes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...