InicioSUCESOSAparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais ocorridas no Milladoiro  foi atopado sen vida o sábado nunha estrada da localidade de Silleda. Fontes próximas apuntan a que non hai indicios da participación de máis persoas.

O home, de 45 anos e veciño da localidade pontevedresa de Silleda, fora detido pola Garda Civil o venres como presunto autor de tres delitos de agresión sexual cometidos o mesmo día no núcleo urbano do Milladoiro.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación comezou en maio tras unha denuncia presentada por unha das vítimas, que foi abordada de maneira sorpresiva e intimidatoria no portal da súa vivenda con fins de índole sexual. A vítima conseguiu librarse do agresor e fuxir do lugar para pedir axuda e poñerse a salvo.

Os axentes, tras as primeiras pescudas e a descrición física achegada, determinaron que o agresor repetira o mesmo patrón delitivo no municipio ese mesmo día en, polo menos, outras dúas ocasións. En todos os casos, o autor aproveitábase de situacións de escasa visibilidade na vía pública e da total ausencia de relación previa coas mozas.

Os axentes comprobaron que o sospeitoso se desprazara expresamente desde outra provincia para cometer as агresións e que, despois, regresaba ao seu domicilio. A operación, denominada “Millastalker”, concluíu coa localización e detención do implicado no concello de Silleda (Pontevedra), ao que lle imputaban tres delitos de agresión sexual.

A Garda Civil remitiu os datos e o modus operandi acreditados nesta actuación ao resto de forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de cruzar información e colaborar activamente no esclarecemento doutros posibles feitos delituosos da mesma natureza que puidesen quedar rexistrados no territorio nacional.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...