InicioSANTIAGOA Xunta visita a casa de acollida de vítimas de violencia de...

A Xunta visita a casa de acollida de vítimas de violencia de xénero impulsada pola Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home

As obras da nova casa de acollida de vítimas de violencia de xénero impulsada pola Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home estarán terminadas en novembro.

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras da nova casa de acollida de vítimas de violencia de xénero impulsada pola Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home estarán terminadas en novembro, segundo avanzou a Xunta nun comunicado. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este luns os traballos do inmoble que acollerá esta nova dotación, que será a primeira especializada en vítimas con problemas de adicción.

Este novo recurso será unha realidade grazas ao convenio entre a Xunta e a Fundación, a través do cal se investirán 960.000 euros para reformar e equipar un inmoble de titularidade da Fundación para albergar este servizo, que contará con 17 prazas. García destacou que as mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción son “especialmente vulnerables“, polos malos tratos que sufriron e pola súa adicción ao alcol ou outras drogas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...