InicioCULTURAA Xunta inaugura no Arquivo de Galicia a mostra 'Cousas do tempo'...

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia a mostra ‘Cousas do tempo’ con mapas meteorolóxicos históricos de Lavacolla

A exposición, aberta ata outubro con motivo do Día Internacional dos Arquivos, reúne preto de cento cincuenta documentos que vinculan o clima coas tradicións galegas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, inauguraron este martes no Arquivo de Galicia a mostra ‘Cousas do tempo. Documentos dun almanaque imaxinado’, coa que a Xunta divulga a importancia dos mapas meteorolóxicos históricos. A iniciativa desenvólvese dentro da programación especial para a celebración do Día Internacional dos Arquivos.

O representante da Consellería de Cultura puxo en valor esta mostra, composta por mapas meteorolóxicos históricos que foron cedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que poderá visitarse de balde ata o vindeiro mes de outubro. Anxo Lorenzo destacou a relevancia da “riqueza dos fondos do Arquivo de Galicia para entender a evolución da sociedade ao longo do tempo”. Pola súa banda, a representante de Medio Ambiente incidiu na orixinalidade dunha exposición que, a través do clima, proporciona información histórica de gran valor sobre as tradicións socioculturais da Comunidade.

A mostra, comisariada de forma minuciosa polos técnicos do Arquivo de Galicia María del Mar García Miraz e Miguel López Sánchez, acolle un total de 146 documentos divididos en 12 vitrinas que emulan os meses do ano. Así, en cada unha delas exhíbese un mapa de isóbaras orixinal, elaborados de xeito manual no aeroporto de Lavacolla entre os anos 50 e 80.

Xunto a estes gráficos climáticos, os visitantes poderán contemplar unha coidada selección de documentos procedentes dos fondos propios do Arquivo de Galicia que representan as actividades máis propias de cada época do ano como, por exemplo, as celebracións do entroido, a Semana Santa ou as tradicionais festas do Apóstolo en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

Compostela reabre Santa Isabel tras unha reforma integral de 2,6 millóns de euros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, encabezou este martes pola tarde a visita...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

O centro Cretus da USC avanza no tratamento de augas para frear os fármacos e a resistencia a antibióticos

O Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais da USC (Cretus) avanza no tratamento...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

‘La península de las casas vacías’ e ‘A noite das cebolas’ gañan ex aequo o Premio de Novela Europea do Casino de Santiago

A novela La península de las casas vacías, publicada por Editorial Siruela e asinada...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...