InicioSANTIAGOO aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro estrea a súa nova ruta directa...

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro estrea a súa nova ruta directa con Ámsterdam da man de KLM

O primeiro voo operado por KLM Cityhopper aterrou esta tarde cunha ocupación próxima ao 90% e operará ata o 24 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (SCQ) recibiu este sábado por primeira vez un voo de KLM Real Compañía Holandesa de Aviación (KL1565), que marca o inicio da nova conexión directa entre Ámsterdam e Santiago. Segundo informou a compañía nun comunicado, o Embraer 190, operado por KLM Cityhopper, aterrou esta tarde cunha ocupación próxima ao 90%, e dá comezo a unha ruta que, conforme apunta, achegará “aínda máis Galicia aos Países Baixos e á rede internacional da aerolínea con máis de 160 destinos”.

Pouco despois despegou desde Santiago o primeiro voo de KLM con destino a Ámsterdam (KL1566), cunha ocupación case ao completo. Como detalle de benvida a bordo, os viaxeiros que saíron de Santiago recibiron as emblemáticas “stroopwafles”, as tradicionais galletas neerlandesas símbolo da hospitalidade de KLM.

O director xeral de Air France-KLM para España e Portugal, Laurent Perrier, destacou que están “moi satisfeitos” con esta nova ruta, que supón a chegada de KLM por primeira vez ao aeroporto de Santiago e a Galicia e reforza a súa presenza en España. “Con esta nova ruta, queremos facilitar as viaxes a Galicia e, ao mesmo tempo, ofrecer aos pasaxeiros galegos un fácil acceso a Europa e aos destinos intercontinentais da nosa rede”, sinalou Laurent Perrier.

A nova ruta estará dispoñible ata o 24 de outubro e está operada por KLM Cityhopper con avións Embraer 190, con capacidade para 100 pasaxeiros, e Embraer 175, con capacidade para 88 pasaxeiros, ambos con clases Business e Economy. Durante os meses de xullo e agosto, a aerolínea ofrecerá un voo diario, mentres que o resto da tempada a conexión operará os sábados e domingos.

Con esta nova ruta, KLM reforza a súa presenza en España, onde este verán opera voos desde nove aeroportos: Alacante, Asturias, Barcelona, Bilbao, Eivissa, Madrid, Málaga, Santiago de Compostela e Valencia, conectando directamente con Ámsterdam-Schiphol.

ÚLTIMAS

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...