InicioSANTIAGOFalece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

A morte do doutor causa unha gran conmoción no complexo hospitalario de Santiago, onde era un profesional moi querido.

Publicado o

Xornal de Compostela

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), faleceu aos 56 anos de idade, tal e como confirmaron fontes da propia área sanitaria. A morte do facultativo, apuntan estas mesmas fontes, causou unha gran conmoción e consternación en todo o centro hospitalario, onde era un profesional moi querido e respectado polos seus compañeiros de profesión e polos pacientes.

Alén da súa faceta estritamente clínica na sanidade pública, o neumólogo desenvolveba unha destacada actividade científica como investigador no grupo de Pneumoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), onde participaba en diversos proxectos para o avance do estudo das enfermidades respiratorias.

A capela do Complexo Apóstolo acollerá este venres, ás 17:15 horas, unha misa polo falecemento de Juan Suárez, cuxos restos mortais serán incinerados posteriormente.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...